Máster en Políticas Comunitarias e Cooperación Internacional
Obxectivos e Competencias
 Obxectivos e Competencias 
  

Obxectivos específicos de aprendizaxe

 

Obxectivos de carácter conceptual:

 

* Saber afondar na realidade social, económica, administrativa e cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

* Ter capacidade para coñecer o sistema institucional da UE e os seus procesos políticos (axendas, actores, contextos...).

* Ser capaces de estudar a filosofía, a normativa, os instrumentos financeiros, as iniciativas que conforman a programación comunitaria para o período 2007-2013.

* Saber analizar as características, os logros e os deficits da cooperación territorial promovida pola UE.

* Poder proxectar a cooperación territorial da UE no marco da cooperación Norte-Sur.

 

Obxectivos de carácter procedimental:

 

* Saber elaborar candidaturas a programas comunitarios.

* Ter capacidade para xestionar programas comunitarios.

* Poder establecer estratexias acumulativas que permitan aproveitar o impulso deses programas para impulsar o desenvolvemento sostible do territorio, no marco dos respectivos Programas Operativos.

 

Obxectivos de carácter actitudinal:

 

* Saber valorar a importancia da solidariedade e da cohesión social e territorial como fonte de progreso e desenvolvemento.

* Ser capaces de apostar pola cooperación e o diálogo intercultural como mellor método para superar o efecto fronteira.

* Poder combinar a necesidade dun crecemento económico baseado na competitividade coa necesidade de preservar o ambiente e os valores de solidariedade humana.

 

Competencias xerais e específicas

 

Competencias xerais:

 

* O alumnado demostrará poseer e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidades de ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas.

* O alumnado demostrará saber aplicar coñecementos a través da capacidade para resolver problemas.

* O alumnado demostrará poseer capacidade de comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as substentan a públicos especializados e non especializados.

* O alumnado demostrará habilidades de aprendizaxe para estudar dun modo que será en gran medida autodirixido ou autónomo.

 

Competencias específicas:

 

* O alumnado demostrará poseer e comprender coñecementos suficientes sobre o funcionamento da Unión Europea, as características da cooperación territorial e da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e das principais políticas que contempla a programación comunitaria 2007-2013.

* O alumnado demostrará saber aplicar os coñecementos da competencia anterior á resolución de problemas

* O alumnado demostrará poseer capacidade de comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as substentan a públicos especializados, no caso que nos ocupa técnicos e autoridades comunitarias, dos gobernos portugués e español e dos gobernos autonómicos e locais, amén da CCDR-N.; así mesmo, deberán demostrar esa mesma capacidade con públicos non especializados, no caso que nos ocupa poden ser xestores e autoridades locais e medios de comunicación, por exemplo.

* O alumnado demostrará habilidades de aprendizaxe para estudar dun modo que será en gran medida autodirixido ou autónomo mediante o sistema semipresencial do título e o emprego intensivo da platoforma de docencia on-line da Universidade de Vigo.

Universidade de MinhoUniversidade de Vigo
Aaccentia Multimedia SL