Máster en Políticas Comunitarias e Cooperación Internacional
Estrutura Académica
 Estrutura Académica 
   O Espazo Europeo de Educación Superior harmoniza pero non fai uniformes os sistemas universitarios de cada Estado. Así, en España os Masters oficiais teñen un mínimo de 60 ECTS e en Portugal de 90. Esta distinta situación normativa levounos a preparar unha proposta con trés módulos: troncalidade, optatividade e practicum, e un Traballo Fin de Mestrado. O alumnado vaise matricular na Universidade que prefira das dúas e alí vai cursar o módulo de materias troncais, as mesmas nos dous sitios, que será impartido por profesorado galego e portugués; a mobilidade aquí será do profesorado. No módulo de materias optativas o alumnado será quen teña a opción da mobilidade, así, poderá cursalo todo na súa Univesidade, cursalo todo na outra Universidade ou escoller materias das dúas.


UNIVERSIDADE DE VIGO

Módulo Materia Tipo ECTS
Troncalidade O Sistema Institucional da UE Obrigatoria 7,5
A Cooperación Territorial na UE Obrigatoria 7,5
Bases estruturais da Eurorrexión
Galicia-Norte de Portugal
Obrigatoria 7,5
Bases das políticas de cohesión da UE
Galicia-Norte de Portugal
Obrigatoria 7,5
Subtotal   30
Módulo Materia Tipo ECTS
Optatividade
(A escoller tres materias.
Ver a oferta do ano académico
no folleto publicitario)
Desenvolvemento e Globalización
(Universidade de Minho)
Optativo 6
Políticas Económicas Europeas
(Universidade de Minho)
Optativo 6
Multiculturalidade e Políticas Europeas
(Universidade de Minho)
Optativo 6
Rexionalismo na Unión Europea
(Universidade de Minho)
Optativo 6
Políticas comunitarias de Educación, Formación e Cultura
(Universidade de Minho)
Optativo 6
Elaboración de proxectos comunitarios de Cooperación Territorial
(Universidade de Vigo)
 Optativo  6
Elaboración de proxectos comunitarios de I+D
(Universidade de Vigo)
Optativo
 6
Xestión de proxectos comunitarios e Explotación de resultados (Universidade de Vigo)  Optativo  6
Subtotal
  18
Módulo Materia Tipo ECTS
Practicum Prácticas en empresas e/ou institucións Obrigatoria 6
Subtotal   6
Módulo Materia Tipo ECTS
Traballo Fin de Mestrado
Traballo Fin de Mestrado
Obrigatoria 6
Subtotal   6
Total   60
Universidade de MinhoUniversidade de Vigo
Aaccentia Multimedia SL