Máster en Políticas Comunitarias e Cooperación Internacional

Un Máster profesionalizante non se pode entender sen unhas boas prácticas en institucións apropiadas. Neste caso, a Universidade fixo convenios con institucións que representan a cooperación transfronteiriza e a aposta polos programas europeos, tamén con consultoras especializadas neste campo.

 

1.      Procedemento de oferta e difusión das prácticas externas
Unha vez que temos información sobre o número de prazas que ofertan as entidades os titores informan o alumnado para que indique as súas preferencias, comunicándolle tamén o procedemento de adxudicación que se explica a continuación.
2.      Procedemento de adxudicación do alumnado á entidade colaboradora
A adxudicación dos alumnos ás distintas entidades colaboradoras faise atendendo ás preferencias do alumnado, a nota de entrada no máster e a nota media das materias cursadas no máster ata a realización das prácticas.
3.      Procedemento de adxudicación do profesorado titor académico de prácticas
O master conta con dous titores académicos que desenvolven labores de apoio, seguimento e asesoramento dos alumnos durante o período de realización das prácticas e da memoria do mesmo.
Estes dous titores titorizan as prácticas de tódolos alumnos do máster.
4.      Proxecto formativo de cada práctica a que se refire o artigo 6 do RD
O proxecto formativo das prácticas pretende desenvolver as seguintes capacidades no alumnado:
1.      Coñecer o funcionamento das empresas/institucións que traballan no marco das políticas comunitarias e da cooperación territorial
2.      Saber situar nun marco real os contidos adquiridos durante o máster
3.      Ter capacidade para completar os coñecementos, habilidades e destrezas adquiridas no máster, con aquelas outras que, pola súa natureza e características, requiren medios e estruturas de traballo que só danse nos contextos da realidade laboral
5.      Proceso para realizar e entregar os informes e memoria final
O alumnado o finalizar as prácticas realizará unha memoria da mesma no que describe as actividades realizadas. Unha vez finalizada a memoria enviaralla os titores académicos para a súa valoración.
6.      Proceso para avaliar e cualificar as prácticas externas
A avaliación final do alumnado estará formada por dous compoñentes:
A valoración recollida no informe dos titores, nos que se valorará o grao de implicación e de aproveitamento das prácticas por parte de alumno. Esta valoración suporá un 60% da calificación final.
A valoración que fan os titores académicos do Informe/memoria da práctica feita polo alumno, no que describe as actividades realizadas. Esta valoración suporá un 40% da calificación final.

 


Asociación de Jóvenes Empresarios

Confederación de Empresarios de Pontevedra

Confederación Intersindical Galega

Deputación de Ourense

DEX EUROPA Consultores

DUHMAN Consultores

Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular

Mancomunidade de Concellos de Vigo

Plan Estratéxico

Porto de Vigo

Provigo

Puerto de Marín

Eures Transfronteirizo

 

Concello de Ferrol

 

 

Deputación de Pontevedra

 

 

Universidade de MinhoUniversidade de Vigo
Aaccentia Multimedia SL